O BNG DE NARÓN PRESENTA A XIANA GONZÁLEZ PICO QUE INTERVIRÁ O VENRES 26 NUN MITIN EN NARÓN

Xiana González é candidata naronesa ás galegas do 2020

Arroupada pola reponsábel local da formación, Marta Grandal e a voceira municipal de Narón, Olaia Ledo, a naronesa  e activista feminista Xiana preséntase na candidatura que encabeza Ana Pontón “con moita ilusión para que unha nova Galiza teña lugar e a mocidade poida ser motor dese cambio”. O venres 26 farán un acto onde interveña no paseo de Xuvia acompañada por Ana Pontón e Mini RIvas ás 20:30. 

Xiana González é candidata naronesa ás galegas do 2020

Xiana González Pico, Olaia Ledo e Marta GrandalA candidatura do BNG é plural e, na nosa comarca, abarca desde o mundo do traballo co candidato nº5 que aspira a ser deputado, Mon Fernández (dirixente sindical) ao mundo do ensino a través do mestre Tino Seco pero, se en algo tamén destaca o BNG é no apoio e participación nos movementos sociais. Na comarca de Ferrol cubren ese aspecto cunha candidata que quere representar tamén a Narón como á octava cidade de Galiza. Xiana González dera un paso ao frente xa nas pasadas municipais apoiando ao BNG. “Xiana é presente pero sobre todo futuro. É unha persoa sempre con ganas de aprender, cando non ten coñecemento sobre algo búscao, infórmase pero tamén é unha muller coas ideas claras que sabe que as o camiño faise traballando. Para nós é un orgullo non só que represente a Narón nesta candidatura, se non que represente a todas as mulleres na loita da igualdade real da que aínda falta moito por chegar” indica Olaia Ledo, voceira municipal. Xiana declara que si algo lle supón estar na candidatura é ilusión, xa “ilusión de poñer unha muller feminista a presidir a Xunta de Galiza. Creo que unha Galiza diversa é a clave da nosa identidade e por iso confío no proxecto do BNG, porque ademais considero que é a única organización na que nos ofrecen a oportunidade desde a mocidade de ser axente do cambio da cidadanía galega. Niso tamén radica a importancia do tecido asociativo

Quen é Xiana González?

Xiana González Pico é veciña da Gándara. Ten 27 anos e actualmente está a preparar oposicións para a administración pública. Até o ano pasado estivo traballando nunha entidade sen ánimo de lucro que traballa en prol da autonomía e calidade de vida das persoas con Síndrome de Asperger. É coñecida na comarca porque leva dous anos presentando o discurso final das mobilizacións do 8 de marzo en Ferrol e forma parte da comisión nacional de Galegas 8M. Activista tamén no ecoloxismo e do movemento LGBT+ quen  a coñece destaca o moito traballo que leva en todo o que cre. 

 

Xiana González é candidata naronesa ás galegas do 2020