Imprimir

O BNG organiza o xoves 8 de Novembro unha charla sobre a tarifa eléctrica no local social de Piñeiros

bngdenaron | 07 de novembro de 2018

Captura de pantalla 2018-11-07 a las 21.05.52
Captura de pantalla 2018-11-07 a las 21.05.52

O BNG organiza mañá unha charla sobre a tarifa eléctrica no local social de Piñeiros

 

Narón, 7 de novembro de 2018. O Bloque Nacionalista Galego de Narón organizamañá xoves ás 20:00 horasunha charla sobre a tarifa eléctrica no local social de Piñeiros. A cuestión enerxética é un dos eixos da actuación política da organización nacionalista e por iso está a desenvolver actos por todo o país para explicar os beneficios que tería para a poboación e para as empresas galegas a implementación dunha tarifa eléctrica propia coa que loitar contra un fenómeno preocupante como é o da pobreza enerxética e tamén contra a perda de competitividade polos altos custos da factura eléctrica. 

Presentado polo responsábel local do BNG de Narón, Ánxel Rial, no acto intervirán a deputada no Parlamento galego e portavoz de Industria, Noa Presas, e o responsábel de Enerxía da CIG, Fernando Branco

A celebración desta charla coincide cunha serie de novas prexudiciais para os intereses da cidadanía galega; en primeiro lugar, a suba na factura eléctrica xa anunciada polo Goberno e, en segundo termo, o grave conflito que está a vivir o  plantel de traballadoras e traballadores de Alcoa. 

O BNG leva anos propondo mudanzas no sector enerxético. A semana pasada, o grupo parlamentar presentou unha Proposición de lei destinada ao abaratamento do recibo da  luz para persoas usuarias e empresas e a consolidar o emprego. Nela lémbrase que a factura da luz é “unha estafa colectiva” malia vivirmos nun país que produce moita electricidade, máis da que consumimos. Os últimos datos elevan ao 33% a cantidade de electricidade xerada que se transporta cara a outras zonas do Estado, nomeadamente Madrid. A proposta do BNG contempla a rebaixa do complemento do IVE do 25% ao 4%. 

A Proposición de Lei do BNG nace con tres obxectivos: “abaratar o recibo da luz porque dous terzos da factura dependen de decisións políticas dos parlamentos e gobernos, un novo marco na produción eléctrica que compense a Galiza polos custes sociais e ambientais na produción enerxética, e unha tarifa industrial para as empresas electrointensivas para garantir emprego”. 

A organización nacionalista propón “unha tarifa eléctrica galega coa rebaixa das peaxes como  compensación polos custes sociais e ambientais de ser un país produtor de enerxía”.  Ademais, segundo manifestou a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, Euskadi posúe unha tarifa eléctrica que permite ás empresas alí radicadas aforrar 120 millóns de euros e, polo tanto, seren máis competitivas”. 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/bng-organiza-mana-charla-tarifa-electrica-local-social-pineiros/20181107210229000695.html


© 2020 BNG de Narón

BNG de Narón