Imprimir

O BNG de Narón reúnese con representantes de Poligal

bngdenaron | 17 de abril de 2019

Reunión Poligal - BNG
Reunión Poligal - BNG

O Bloque Nacionalista Galego mantivo unha reunión cos representantes dos traballadores e traballadoras de Poligal co obxectivo de coñecer de primeira man a situación na que se atopa trala presentación por parte da empresa do concurso de acreedores o pasado mes de febreiro e que a empresa quere aplicar despois das vacacións de semana santa

 

Narón, 17 de abril de 2019. O Bloque Nacionalista Galego mantivo unha reunión cos representantes dos traballadores e traballadoras de Poligal co obxectivo de coñecer de primeira man a situación na que se atopa trala presentación por parte da empresa do concurso de acreedores o pasado mes de febreiro.

No encontro estiveron presentes a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e a candidata á Alcaldía de Narón, Olaia Ledo, que comprometeron o apoio da formación para evitar a perda de 108 postos de traballo directos. Ana Pontón reclamou da Xunta unha “implicación real na procura dunha solución ao drama que están a vivir as traballadoras e traballadores de Poligal” e denunciou que a segunda reunión da mesa de traballo constituída traloanuncio de peche non terá lugar até o vindeiro día 30. A portavoz nacional do BNG criticou tamén que a Xunta non solicitara a presenza nesa mesa de traballo dunrepresentante do Goberno do Estado. 

As representantes do Bloque Nacionalista Galegoconsideran que a Xunta “pode facer moito máis do que está a facer” e lamentou que teña que ser o propio comité de empresa o que, diante da inacción do Goberno galego, estea a procurar un posíbel comprador para evitar a perdade 108 empregos nunha comarca, lembraron, “castigada por unha política industrial errática e sen rumbo”. 

Pontón engadiu que os procesos electorais “non poden frear a actuación do Goberno galego, pois a situación é límite e o tempo esgótase”, ademais de incidir na necesidade de que Galiza dispoña dunha tarifa eléctrica acorde co seu rol de excedentaria que debera repercutir nunha rebaixa da factura das empresas que teñen na electricidade un dos seus principais custos de produción. 

“Desde o BNG reiteramos o noso apoio ao plantel de PoligalE faremos o posíbel para presionar á Xunta e aoGoberno do Estado para que busquen unha solución”, rematou Pontón. 

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/bng-naron-reunese-representantes-poligal/20190417165509000866.html


© 2019 BNG de Narón

BNG de Narón