O BNG de Narón pregunta ao goberno municipal por qué cede ao Rácing de Ferrol as instalacións de Río Seco, cando o clube de atletismo naronés realiza alí os seus entrenos

Ante a información de que o Rácing de Ferrol vai xogar dous partidos en Río Seco (tendo en conta que no Concello de Ferrol dispoñen de campos para facelo) queremos saber os motivos, cando o obxetivo preferente de Río Seco debe ser a práctica deportiva dos clubes naroneses.
O BNG de Narón pregunta ao goberno municipal por qué cede ao Rácing de Ferrol as instalacións de Río Seco, cando o clube de atletismo naronés realiza alí os seus entrenos

Río Seco está a ser unha inversión elevada do Concello de Narón, as reformas implicaron desubicar o campo de tiro con arco ao polígono Río do Pozo e manter o campo de fútbol e as instalacións do clube de atletismo de Narón. A día de hoxe, o clube de atletismo manifestou en diversas ocasións que estas reformas estaban a ser un problema para moitas prácticas do seu clube e rexistraron no concello as súas queixas ante o único estado e lugar onde poden realizar a súa práctica deportiva. O Concello, despois de preguntar o bng, indica que actuou supeditando parte das reformas necesarias a un POS complementario da Deputación cando poderían realizalas directamente "agora que se van flexibilizar os gastos nos concellos é o momento de facer obras necesarias e non estar pendentes da aprobación dun POS que pertence a outra administración", indica Olaia Ledo, a nosa voceira.

Os clubes de fútbol de Narón non poden comenzar os entrenos por indicación da Federación española de Fútbol, e os de atletismo son os que as usan, e cóidanas e úsanas con rigor por mor da pandemia da COVID-19 e aplicando todos os protocolos. A sorpresa vén de ver que o Rácing de Ferrol vai facer uso das instalacións. Está claro que, dende o BNG, lle desexamos o mellor ao clube veciño, pero reclamamos ao Concello as seguintes respostas:

- Quen vai ser o responsábel de cumprir os protocolos necesarios nestes partidos?

- Que custe lle vai supoñer ao concello a celebración destes partidos?

- Considera o goberno de Narón que o custe millonario deste campo é para uso e disfrute de clubes de fóra da cidade?

- Ten pensado o concello acometer reformas que beneficien ao clube de atletismo (por certo, clube que se atopa na 1ª División Masculina a nivel nacional) sen esperar ao POS adicional da Deputación por tratarse de obras preferentes?

- Contémplase algunha alternativa mentres non haxa vestiarios para o clube de atletismo e o deporte base que se practique nesas instalacións?

Dende o BNG reclamamos darlle sempre prioridade aos clubes do noso Concello.

O BNG de Narón pregunta ao goberno municipal por qué cede ao Rácing de Ferrol as instalacións de Río Seco, cando o clube de atletismo naronés realiza alí os seus entrenos