O BNG de Narón esixiu durante este ano a posta en marcha da licitación do Muíño de Xuvia despois de dous anos de retrasos e moito máis.

Narón destaca por notas de prensa onde se venden grandes obras que poucas veces se levan a cabo á primeira. O PXOM está a punto de abrir o seu proceso de consulta pública e as necesidades de crear o Narón das persoas son grandes. Narón é un concello disperso e onde o vehículo a motor faise imprescindíbel no día a día. Hoxe facemos un repaso do que fica por facer.

O BNG de Narón esixiu durante este ano a posta en marcha da licitación do Muíño de Xuvia despois de dous anos de retrasos e moito máis.

Un dos motivos que nos levou a non entrar no goberno foi ver que pouco se quería mudar e decidimos imaxinar o mellor Narón e facelo desde unha oposición construtiva. Desde aquela moitas son as cousas que melloraron como conseguir pr fin a licitación do muíño de Xuvia pero aínda son máis as que loitamos para conseguir. A cidade das persoas está lonxe e puidemos comprobalo coa pouca cesión de espazos para camiñar e gozar, os taboleiros do paseo seguen rotos, a ruta dos muíños segue a ser perigosa, a creación dun Centro de Información á muller segue a ser negativa, as obras de reparación non son boas e rematan nuns meses na mesma situación que antes, a demora na licitación do contrato do lixo fai que os colectores sexan insuficientes e o servizo actual moi mellorábel. A conexión dos barrios urbanos  segue a ser un problema e a atención nas parroquias rurais non pasan polo seu mellor momento.

 

Preocúpanos tamén o patrimonio: a situación de Narón non mellora e, aínda que avanzamos despois de aprobar unha moción do BNG no que insta ao concello a adquirir o muíño das Aceas e só unha parte do exemplo visíbel xa que tamén o patrimonio das nosas parroquias esmorece: fontes, castros ou mesmo o Mosteiro do Couto.

 

A este 2021 pedimos un Narón de todos e todas, sen exclusións e un goberno que traballe máis e mellor e que escoite á oposición.

 

O BNG de Narón esixiu durante este ano a posta en marcha da licitación do Muíño de Xuvia despois de dous anos de retrasos e moito máis.