Imprimir

O BNG leva ao parlamento galego o centro de saúde de Narón agora en construción

bngdenaron | 03 de outubro de 2019

Montse Prado e Olaia Ledo
Montse Prado e Olaia Ledo

O BNG de Narón continúa coa campaña para que o futuro centro de saúde, agora en construción, conte con todos os servizos que unha cidade de 40.000 habitantes precisa. Ademais, o proxecto incluíu o demandado servizo de radioloxía despois dunha gran campaña mais seguimos a pedir unha consulta de psicoloxía clínica. O bloque rexistrou pregunta parlamentar e unha proposición non de lei para que desde a Consellería se postulen de maneira oficial.

 

O centro de saúde de Narón é unha necesidade que se vén reclamando desde hai dez anos. Por iso, o BNG vén de rexistrar por escrito as preguntas parlamentares por voz da súa portavoz de sanidade, a deputada nacionalista Montse Prado, para ver se apurab os prazos a consellería para xa incluír no proxecto  o servizo de radioloxía  porque, ata levalo ao parlamento, aínda non estaba recollida no proxecto. Ademais, preguntaremos se se contempla unha consulta de psicoloxía clínica (no caso negativo reclamala) e dotar de máis persoal o novo centro de saúde.

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/bng-leva-ao-parlamento-galego-centro-saude-naron-agora-construcion/20191003133448000898.html


© 2020 BNG de Narón

BNG de Narón