Novas
Campaña para dotar de servizos o novo centro de saúde

Campaña para dotar de servizos o novo centro de saúde

Servizo de radioloxía, unha Unidade de Saúde Mental, máis persoal sanitario. A permanencia e mellora dos centros de saúde de Val e Pedroso e dotalos de transporte público axeitado. A loita pola mellora na sanidade é unha constante no BNG e agora en Narón toca reclamar o que nos pertence a todos e todas.

Ler novas
O BNG insta á Xunta a mediar de inmediato no conflito de POLIGAL. A loita polo mantemento dos postos de traballo comeza

O BNG insta á Xunta a mediar de inmediato no conflito de POLIGAL. A loita polo mantemento dos postos de traballo comeza

En Narón xa temos máis paro que a media da provincia. Ademais, unha comarca castigada como a nosa non pode seguir a sufrir a ausencia dun goberno galego incapaz que non traballe un plan específico para Ferrolterra. Agora , co anuncio de peche de Poligal Narón, desde o BNG ademais de rexistrar pregunta parlamentar instamos Xunta de Galiza a facer todo o posible e traballaremos e porémonos a disposición das persoas afectadas para lograr que isto non aconteza.

Ler novas
O futuro da escola unitaria de Pedroso

O futuro da escola unitaria de Pedroso

Esta semana realizamos pregunta parlamentar para reclamar a reapertura da escola unitaria de Pedroso e participaremos no calendario de mobilizacións que están a preparar as familias afectadas
 

Ler novas
Notas arredor dos orzamentos municipais de Narón por Xosé Fandiño

Notas arredor dos orzamentos municipais de Narón por Xosé Fandiño

O pasado 27 de decembro, o pleno do Concello de Narón aprobaba, con 15 votos a favor, catro abstencións e un só voto en contra os Orzamentos de 2019. Os orzamentos máis altos da historia da que é a oitava cidade galega: 32,9 millóns de euros.

Destinar recursos a outras partidas que consideramos prioritarias é hoxe un fin con estes orzamentos: podemos facer fronte aos 850.000 euros que aportamos este ano á construción do novo centro de saúde; aumentamos en 400.000 euros a atención á dependencia (2,1 millóns, o dobre que en 2017) e subimos o capítulo de investimentos máis dun 5%,, que a diferenza do que acontecía na época de vacas gordas, acometeranse maioritariamente con fondos propios. Aquí podemos encadrar, grazas á colaboración coa Deputación e co Concello de Ferrol na xestIón dos fondos europeos (EDUSI), obras de saneamento e eficiencia enerxética, a construción dun campo de herba artificial en Río Seco ou a rehabilitación, anceiada desde hai unha década, dun dos máis grandes expoñentes do patrimonio da comarca: o Muíño de Xuvia. 

Ler novas
Charla - Coloquio Martes 18 ás 19:30

Charla - Coloquio Martes 18 ás 19:30

Como parar a intolerancia, a quen quere rematar coa diversidade, os dereitos a existirmos na nosa lingua, na nosa maneira de ser ,  a respectarnos entre pobos. O fascismo leva anos intentando volver ó poder e semella que hai movementos dos de sempre para que iso ocorra. Analizámolo este martes no centro social do Alto.

Ler novas
Homenaxe a Pablo Villamar

Homenaxe a Pablo Villamar

Porque en Narón traballamos con ilusión e iso conleva traballo e esforzo. Persoas que damos o mellor de nós mesmas para que Narón e o País teñan futuro. Por iso tamén temos que agradecer a quen traballou tanto por esta cidade e que de seguro seguirá a facer. No bng sentímonos orgullosos e orgullosas de poder ter lugares de encontro que valgan para facer irmandade. Este venres 16 podes participar connosco nunha cea con sorpresas anotándote en naron@bng.gal ou no teléfono que indicamos a continuación

Ler novas
O BNG organiza o xoves 8 de Novembro unha charla sobre a tarifa eléctrica no local social de Piñeiros

O BNG organiza o xoves 8 de Novembro unha charla sobre a tarifa eléctrica no local social de Piñeiros

O BNG organiza mañá unha charla sobre a tarifa eléctrica no local social de Piñeiros

 

Narón, 7 de novembro de 2018. O Bloque Nacionalista Galego de Narón organizamañá xoves ás 20:00 horasunha charla sobre a tarifa eléctrica no local social de Piñeiros. A cuestión enerxética é un dos eixos da actuación política da organización nacionalista e por iso está a desenvolver actos por todo o país para explicar os beneficios que tería para a poboación e para as empresas galegas a implementación dunha tarifa eléctrica propia coa que loitar contra un fenómeno preocupante como é o da pobreza enerxética e tamén contra a perda de competitividade polos altos custos da factura eléctrica. 

Presentado polo responsábel local do BNG de Narón, Ánxel Rial, no acto intervirán a deputada no Parlamento galego e portavoz de Industria, Noa Presas, e o responsábel de Enerxía da CIG, Fernando Branco

A celebración desta charla coincide cunha serie de novas prexudiciais para os intereses da cidadanía galega; en primeiro lugar, a suba na factura eléctrica xa anunciada polo Goberno e, en segundo termo, o grave conflito que está a vivir o  plantel de traballadoras e traballadores de Alcoa. 

O BNG leva anos propondo mudanzas no sector enerxético. A semana pasada, o grupo parlamentar presentou unha Proposición de lei destinada ao abaratamento do recibo da  luz para persoas usuarias e empresas e a consolidar o emprego. Nela lémbrase que a factura da luz é “unha estafa colectiva” malia vivirmos nun país que produce moita electricidade, máis da que consumimos. Os últimos datos elevan ao 33% a cantidade de electricidade xerada que se transporta cara a outras zonas do Estado, nomeadamente Madrid. A proposta do BNG contempla a rebaixa do complemento do IVE do 25% ao 4%. 

A Proposición de Lei do BNG nace con tres obxectivos: “abaratar o recibo da luz porque dous terzos da factura dependen de decisións políticas dos parlamentos e gobernos, un novo marco na produción eléctrica que compense a Galiza polos custes sociais e ambientais na produción enerxética, e unha tarifa industrial para as empresas electrointensivas para garantir emprego”. 

A organización nacionalista propón “unha tarifa eléctrica galega coa rebaixa das peaxes como  compensación polos custes sociais e ambientais de ser un país produtor de enerxía”.  Ademais, segundo manifestou a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, Euskadi posúe unha tarifa eléctrica que permite ás empresas alí radicadas aforrar 120 millóns de euros e, polo tanto, seren máis competitivas”. 

Ler novas
Xosé Fandiño presenta as II xornadas da anguía do Xuvia

Xosé Fandiño presenta as II xornadas da anguía do Xuvia

As II xornadas da anguía do Xuvia volven poñer este produto de moda no noso Concello. En diferentes centros hosteleiros poderase degustar o produto e haberá un obradoiro impartido por un cociñeiro do grupo nove. Hoxe o concelleiro Fandiño presentou en rolda de prensa todas as actividades que haberá arredor do produto.

 

 

 

Ler novas
O bng leva ao parlamento a situación de acoso a un menor de Narón

O bng leva ao parlamento a situación de acoso a un menor de Narón

Narón, 11 de setembro de 2018. O grupo parlamentar do Bloque Nacionalista Galego vén de rexistrar na Cámara unha batería de preguntas á Xunta  de Galiza sobre a situación de desamparo na que se atopa un menor de idade de Narón que está a sufrir acoso escolar, como recoñece unha sentenza do xulgado de Ferrol que se fixo pública o pasado 17 de xullo e que recolleron os medios de comunicación nos últimos días. 

Ler novas