BNG de Narón
Asemblea local BNG de Narón
BNG de Narón

Traballamos con ilusión por un Narón Mellor. Estamos orgullosas e orgullosos do nosos concello mais sabemos que é o momento de que deamos un paso cara adiante e que ademais de dotármonos de servizos sexamos unha cidade amábel para vivir, para estar, para quedar e para gozar dela. Queremos máis e que a xente que veña a vivir canda nós non o vexa como algo temporal se non que nos sitúe no mapa con orgullo entre as súas amizades e familiares. Como BNG non só traballamos por Narón se non que nos verás na rúa, en asembleas, nas institucións buscando a igualdade real de todas as persoas, polo benestar do pobo galego (con emprego, dereitos, servizos, transporte, coidando o medio ambiente, apostando polos sectores produtivos e o comercio de cercanía) e porque o futuro sempre sexa mellor. Soñamos e traballamos para facelo realidade. Se queres participar con nós estamos na rúa 25 de Xullo nº1, entrechán F (en fronte ao concello e ao centro de saúde). Abertos mércores, xoves e venres de 9:00 a 13:00 e de 16.00 a 18:30. Tamén nos podes atopar todos os días na oficina do grupo municipal no entrechán da casa do Concello. Podes enviarnos un correo a [email protected] ou chamarnos ao 981 383 990 para calqueira información ou cuestión . Temos unha idea clara: sumar por Narón e por Galiza

UNKNOWN

Pedimos a retirada do borrador de igualdade por NON ser un PLAN DEFINITIVO

Consideramos que o que presenta o goberno como III Plan de Igualdade chega moi tarde nesta lexislatura e condiciona a vindeira. Ademais, reclamamos máis transparencia no proceso do que descoñecemos as conclusións. Consideramos o Plan presentado como un punto de inicio para elaborar unha estratexia válida e concluínte pero no que falta información que pedimos por rexistro e non nos foi facilitada nin tan sequera para o pleno. Este plan é propaganda como o é que estea na cartelería do concello desde hai máis dun ano sen existir tal plan

Ler novas
Portadas

O BNG denuncia que se está a prorrogar á empresa serviplus sendo moi costosa por non presentar os prometidos plegos de nova licitación.

O concello de Narón ten prometido ao cadro de persoal traballador no servizo da piscina unha nova licitación. Agora mesmo estase prorrogando con Serviplus, concesionaria actual, mes a mes e pagando partidas moito maiores do correspondente. Os traballadores e traballadoras fixeron folga polas condicións ás que os sometía Serviplus e, agora, reclaman que nos plegos se teñan en conta as subidas salariais. Desde o BNG apoiamos ás súas reivindicacións.
Ler novas
Portadas

O goberno de Narón volve mentir cando di que inaugurarán o Muíño de Xuvia cos rodicios das moendas funcionando

No pleno do mes de outubro o goberno municipal respondeu ás nosas preguntas sobre a inauguración do Muíño dicindo que se prepara "unha simulación" para que se vexan mover as moendas cando se inaugure, pero sen que funcionen normalmente os rodicios por mor da acumulación de lodos. Confirmou, tamén, que se realizará unha nova licitación, sen data polo momento, para activar as moendas do Muíño de Xuvia.
Ler novas
UNKNOWN

O BNG apoia ás familia de Piñeiros ante a citación mañá, venres 15 de setembro, no xulgado para xustificar que viven nas súas vivendas

A finais de novembro do 2021 varias familias, que viven en réxime de alugueiro nun bloque de vivendas na praza do Asilo en Narón, foron informadas que os seus pisos pertencía á SAREB e que se procedía ás dilixencias de desafiuzamento. A sorpresa foi maiúscula e comezou daquela unha loita onde o BNG apoiounas sempre de maneira pública e a través de propostas no parlamento galego, congreso dos deputados e no pleno do concello de Narón. 
Ler novas
UNKNOWN

O BNG denuncia que non existe proxecto para a parcela que ocupa o cuartel da Guardia Civil de Xuvia.

No BNG denunciamos que o proxecto de derrubamento aprobado polo goberno cun modificado de crédito vén sen un proxecto posterior de uso cando o concello prometera nas últimas elección municipais unha piscina terapéutica. Desde o BNG tememos que seguirán sen proxecto “máis alá de vender fume” cando toque campaña electoral no 2023. Tamén preocúpalles o elevado gasto de derrubamento.

Ler novas