A VIOLENCIA MACHISTA SEGUE AÍ E AS ADMINISTRACIÓNS EÑEN QUE POÑER RECURSOS PARA ATALLALA.

Solicitude de creación dun CIM en Narón

Faixa da Marcha coa nosa responsábel, Mercedes Tobío
Faixa da Marcha coa nosa responsábel, Mercedes Tobío
A octava cidade do país non se pode permitir que as mulleres do seu concello non teñan recursos para atallar a violencia machista ou que estes sexan insuficientes. O CIM de Ferrol asesora e traballa con mulleres e persoas do colectivo LGBT+ de toda a comarca. Narón precisa ofertar nun lugar máis cercano e informar para que, as persoas e familias que o precisen, poidan ser atendidas. Así acontece en todos os concellos de máis de 20.000 habitantes agás Narón.
Solicitude de creación dun CIM en Narón

O GRUPO MINICIPAL DO BNG DE NARÓN RECLAMA UN CIM PARA AS CONTAS DO 2021.

Esxposición de motivos:

Os centros de información á muller (CIM) son aqueles recursos de carácter permanente desde os cales se articula unha intervención global dirixida ás mulleres e que proporcionan asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional e sociolaboral, así como calquera outra información encamiñada á consecución da igualdade efectiva entre mulleres e homes.

Os CIM poderán prestar atención e asesoramento a aquelas mulleres que o demanden, de forma individual ou colectiva, formando parte dun grupo ou asociación de mulleres, así como a calquera persoa, en asuntos relacionados coa promoción social da igualdade de xénero. Neles tamén son atendido persoas de maneira individual do colectivo LGBT. 

Narón é a octava poboación do país polo que un centro nun lugar céntrico da cidade e co persoal necesario podería atender, asesorar a moitas mulleres que o precisen. Na actualidade no CIM de Ferrol as mulleres de Narón atendidas supoñen máis do 25% do total das persoas que precisaron axuda neste CIM. O noso concello na actualidade colabora cunha asistente social mentras que o resto dos servizos son cubertos polo concello de Ferrol en grande parte. Somos conscientes de que esta atención, cara as mulleres de Narón e persoas LGBT+, podería ser maior se contaramos con un centro na nosa cidade nun lugar accesíbel e seguro. Ademais, os CIM tamén prestan axuda a fillos ou fillas de mulleres maltratadas e cobren tamén necesidades de asesoramento de toda clase a outro colectivo discriminado na nosa sociedade que mencionamos anteriormente: o colectivo LGBT+. 

Tendo en conta que o proceso de apertura dun CIM desde que se solicita á Xunta é de tres meses solicitamos, desde o BNG, que se inclúa para os orzamentos deste ano e poder contar antes do 2022 coas axudas de fondos europeos (45.000 euros) e outras subvencións para desenvolver os CIM. Para iso ten que dotarse de persoal cualificado e que cumpra as seguintes funcións marcada no decreto da Xunta do 2016.

É certo, tamén, que desde a FEGAMP pedíronse máis recursos para estes centros e non é menos certo que, un centro en Ferrol é insuficiente para atender as demandas de toda a comarca. 

Narón é un concello que para ser social precisa de recursos. Na actualidade mulleres, familias, adolescentes vítimas da violencia por seren mulleres ou por pertencer ao colectivo LGBT+ precisan dun lugar onde poder obter información, asesoramento, asistencia psicolóxica.

Tamén hai que recordar que a pandemia non axudou ás vítimas da violencia derivada do patriarcado que viron como a súa vía de escape deixaba de existir e tiñan que convivir co seu maltratados 24 horas. Esas persoas existen en Narón non son só un número ou unha parte dunha estatística. Ademáis, neste 2020 votamos a favor dunha moción na que falabamos de prestar asesoramento ao colectivo LGBT+ e tamén no 2019 unha moción do BNG que esixía o 1% dos orzamentos da Xunta de Galiza para a loita contra a violencia machista. Fagamos nós o mesmo e sexamos exemplo coma concello. 

E por iso desde o BNG reclamamos e facemos unha emenda para o seguinte:

1. DESTINAR O 1% DOS ORZAMENTOS DE NARÓN (ALGO MÁIS DE 340.000 EUROS) Á LOITA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA E CON POLÍTICAS DE IGUALDADE. TERASE EN CONTA E APROBARASE A CREACIÓN DUN CIM SITUADO NUN LUGAR ACCESÍBEL DE NARÓN E DOTADO DE PERSOAL CUALIFICADO PARA TAL FIN. 

2. A INCLUSIÓN DO CIM DE NARÓN Á REDE GALEGA DE CIM. 

 

DOG DA XUNTA

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20161003/AnuncioG0244-220916-0003_gl.html

Solicitude de creación dun CIM en Narón