O BNG de Narón segue a plantexar melloras ao Goberno Municipal para paliar a crise sanitaria do COVID-19

O próximo xoves día 30 celébrase o Pleno ordinario no Concello de Narón, onde o BNG presenta dúas mocións, unha relacionada co sector do mar, sector que traballa na nosa ría e se atopa nun estado de precariedade grave, e outra facendo fincapé e ampliando as medidas sociais e fiscais nas que, dende o primeiro momento no que se decretou o estado de alarma, estamos a traballar e xa se lle presentaron ao Grupo de Goberno porque nos parecen moi urxentes para axudar á nosa veciñanza a paliar da mellor maneira posíbel esta crise sanitaria que estamos vivindo, e a crise económica e social provocada pola mesma.
O BNG de Narón segue a plantexar melloras ao Goberno Municipal para paliar a crise sanitaria do COVID-19

Estamos a rematar o mes de abril, polo que se achega a celebración do Pleno ordinario, que é, como tódolos meses, o último xoves de mes. Estamos nunha situación especial, pero aínda así séguense a celebrar as comisións e os plenos, de maneira virtual, e dende o BNG seguimos a traballar, tanto dende o Grupo Municipal como dende o Consello Local, reuníndonos para tratar de aportar ideas para que a veciñanza de Narón poida paliar da mellor maneira posíbel esta crise sanitaria, que tamén deriva nunha crise social e económica moi grave.

Levamos dúas mocións a este Pleno, unha relacionada co sector do mar e outra con medidas sociais e fiscais que nos parecen moi necesarias:

- Sector do Mar: As cofradías que traballan na nosa ría xa estaban sufrindo un estado de precariedade dende hai tempo, pero agora, que a venda do seu producto tiña como destino final a restauración, vense moi afectados nas poxas, de xeito que teñen que devolver o seu producto ao mar ou, no mellor dos casos, malvendelo.

Dende o Goberno da Xunta de Galiza non atenderon as demandas do sector marisqueiro, que reclama a suspensión provisional da actividade por non ser unha actividade esencial.

Nós queremos solicitar o apoio do Goberno de Narón para solicitar á Xunta que suspenda provisionalmente a actividade e que garanta axudas ao sector para voltar á normalidade cando pase o estado de alarma, ademáis de solicitar ao Goberno Central o rebaixe do umbral da baixada de ingresos para que a xente do mar también poida acceder ás axudas.

- Medidas sociais e fiscais: Nesta moción o que fixemos foi facer un pouco de fincapé nas medidas que presentamos dende un primeiro momento no Concello, e que nos parecía algo moi urxente a levar a cabo.

No ámbito social propoñemos a recollida do lixo porta a porta a aqueles doentes do COVID-19 que o soliciten; poñer hoteis a disposición das traballadoras e traballadores  que non desexen voltar á súa casa por non contaxiar ás súas familias, sempre de xeito voluntario claro está; atención ás persoas sen fogar, ás persoas en risco de exclusión social, ás que se atopen en estado de vulnerabilidade por calquer situación; asistencia psicolóxica de xeito continuado.... e moitas máis.

Medidas fiscais citamos algunhas como a reducción das tasas aos autónomos que se viron obrigados a pechar os seus negocios, así como a facilidade de pago nos impostos que son competencia do concello a todas aquelas persoas que visen mermada a súa economía, xa que moitas se ven na casa por ERTES nas empresas ou, como dixemos antes, por ter pechada a súa empresa.

Pedimos que todo isto se estudiase dende o Goberno Municipal e que se mantivese informada á poboación. A nós parécenos moi sinxelo adicar un apartado na web municipal ao COVID-19, onde premas e atopes todo tipo de información sobre as actuacións que se están levando a cabo e as axudas que presta o concello, tal e como fan outros concellos onde se informa absolutamente de todo.

 

 

O BNG de Narón segue a plantexar melloras ao Goberno Municipal para paliar a crise sanitaria do COVID-19
comentarios