O BNG DE NARÓN LEVA UN ANO TRABALLANDO PARA QUE NARÓN SEXA O LUGAR DO QUE NINGUÉN QUEIRA MARCHAR. VELAQUÍ UN RESUMO

Balance deste primeiro Ano

Un ano desde que os nosos concelleiros, Olaia Ledo e Geno Carballeira prometeran defender ao pobo de Narón. Un ano no que pasaron moitas cousas e onde desde o BNG  traballamos cada día para que Narón e Galiza sexan mellores. Facémolo sen prevendas e para transformar, como escribía Castelao, os anceios en realidades e as realidades en feitos. 

 

 

Balance deste primeiro Ano

Neste ano fixemos e loitamos. Loitamos para que radioloxía fora incluída como servizo no Centro de Saúde novo (todavía en construción) e conseguímolo (aínda fica que inclúan psicoloxía clínica), para que non pechara a escola de Pedroso e que reabrira, apoiamos a través de máis de 20 mocións presentadas á clase traballadora de Narón que se atopou con folgas e outras loitas para defendérense (nun concello onde só deixan en cada pleno presentar dúas mocións por grupo municipal) e moitas outras que foron aprobadas e das que nos sentimos moi orgullosas: en defensa da loita feminista, en apoio e para dotar de recursos no noso concello ao colectivo LGTB+, en defensa dos nosos sectores produtivos, ensino, traballo, ecoloxismo... Nesta que dan chamar nova normalidade fumos quen de presentar ao grupo de goberno medidas no estado de alarma que se aplicaron no 90%...(quedounos a mágoa do 10% que incluían entre outras cousas convenios para ofrecer pisos a mulleres víctimas da violencia machista por exemplo) que dicir da nosa loita por mudar o regulamento de participación cidadá para que fósemos unha administración máis cercana. Enmendamos e non puido ser posíbel que os plenos permitiran intervir, con acta de por medio, persoas alleas aos grupos políticos. Isto o goberno non o aprobou e pensamos que é un erro porque a participación non pode ser ás costas da cidadanía NUNCA.

Queda moito por facer: o Narón de todos e todas aínda está lonxe. Miramos con preocupación o espazo público porque sabemos que é o lugar onde todos e todas debemos ser iguais. Precisamos un modelo de cidade máis amábel, que integre rural e urbano, que dea alternativa ao coche e que calqueira persoa, independentemente da súa condición social, xénero, idade teña as mesmas oportunidades. Hoxe temos atrancos nas beirarrúas, marquesiñas que cortan pasos, falta de transporte público aos nosos polígonos, comercio local que non pode aproveitar o espazo como debería, falta de feiras que poñan en valor a produtos de cercanía e beneficien a produtores locais, barrios que están ao carón do outro pero os que temos que chegar irremediábelmente en coche (se o tes), preocúpanos a situación dos nosos edificios históricos, do noso patrimonio material e inmaterial, a contaminación do río Xuvia, a alternativa de ocio para a nosa mocidade. Preocúpanos moito a situación dos nosos colexios e institutos, ou que a Xunta sega a mirar para outro lado cando desde o goberno ínstanlle a tomar medidas no noso concello. Pero somos persoas teimudas e por iso nós levámolo ao parlamento, agora tamén ao congreso como fixemos coas auxiliares do naval, como fixemos con poligal, como fixemos en Radioloxía (e o conseguimos) como fixemos reclamando nas enmendas dos orzamentos galegos unha residencia de maiores PÚBLICA, un instituto politécnico e mellora de viais.

Falamos e intentamos ser construtivas mais sabemos que con quen hai que falar é con toda a veciñanza para sumar forzas e chegar a ser un concello BNG, un modelo premiado internacionalmente mais sobre todo un modelo onde a xente vive con todos os servizos cubertos (pensade en Carballo, Pontevedra, Tomiño, Allariz, San Sadurniño, Moeche...) porque queremos un rural vivo e unha zona urbana inclusiva. Non queremos máis promesas incumpridas e moito menos propaganda. E facémolo coa experiencia previa e sabedores do traballo ben feito, un concello saneado económicamente grazas á labor do BNG (moi orgullosas estamos na parte social do noso traballo e a base que deixamos) e que agora non pode ter máis do 50% dos orzamentos destinados a gasto corrente ou só un 8% en novos investimentos: un concello que presume de millóns ten que investir na veciñanza e na súa mellora colectiva, ten que facer política para termos unha xestión eficiente.

Facémolo de maneira desinteresada, sacamos horas onde non as temos e, o noso grupo municipal e toda a nosa asemblea reúnese periódicamente, fai encontros e charlas e, podedes atoparnos agora xa na rúa de novo, pero tamén no noso local (rúa 25 de xullo, nº1, entrechán dereita) ou no noso maill naron@bng.gal

Grazas por este ano, por confiar en nós e depositar 300 papeletas máis que hai 5 anos nas urnas que fan que case subamos un concelleiro e tamén a Doso, parroquia onde o BNG gañou e que esperamos seguir sumando máis parroquias e barrios.

Seguimos! Coa ilusión intacta e como di a nosa portavoz, Olaia Ledo "para conquistar utopías primeiro hai que soñalas" e nós soñamos moito e traballamos para conseguilo. 

Balance deste primeiro Ano