CARTA COA INTERVENCIÓN DO CONCELLEIRO GANO CARBALLEIRA A RESPECTO DOS ORZAMENTOS 2020

Por qué os orzamentos do concello non son bos para Narón

IMG_2778
IMG_2778

 

Carta aberta de Geno Carballeira a respecto da súa intervención no pleno de Novembro sobre os orzamentos de Narón. Geno Carballeira é concelleiro do grupo municipal do BNG de Narón e membro da comisión de contas do concello.

Por qué os orzamentos do concello non son bos para Narón

Nós vemos uns orzamentos cun claro carácter conservador e continuista dun traballo que fixo o BNG cando tiña responsabilidades de goberno, e que tiña como obxetivo sacar a este Concello da situación de débeda na que se atopaba , conseguíndose e sen facer recortes en servizos sociais.

Agora, coas contas xa saneadas, deberíamos estar ante uns orzamentos capaces de darlle outro impulso a Narón, cunhas políticas fortes que ao BNG tan bo resultado nos están dando noutras cidades.

Estamos ante uns orzamentos pouco ambiciosos e nada ilusionantes, que se encargan de xestionar o urxente pero non o importante e necesario, parécenos que o problema está no fondo e non nos puntos concretos que se poidan emendar, que dende o noso punto de vista son varios:

- O primeiro que nos gustaría é que fosen máis participativos, non se lle poden presentar ao Consello de Participación Cidadá unha semana antes do Pleno e á oposición presentarlle a documentación 2 días antes da Comisión, así non se nos dan moitas oportunidades de facer emendas a estes orzamentos e á veciñanza practicamente ningunha.

- No rural atopamos uns orzamentos que non chegan a acadar un 2% en investimentos deixando practicamente baleira a demanada dos veciños e veciñas desas parroquias e moitísimo máis lonxe da nosa aposta por ir un paso máis para integrar rural e urbano con investimentos coma un paseo fluvial que continúeo da ría de Xuvia que vai unirse co de Freixeiro. On de ademais poderíamos optar a fondos europeos

- Nos espazos públicos e mobilidade non atopamos unha soa partida que fale da plataforma única, coma nós si apostamos e fixémolo saber.

- Nin unha soa partida para quitar mobiliario das beirarrúas, coma as marquesinas de buses que impiden a accesibilidade

- Tamén vemos indispensable actuacións en prazas como as de Xuvia, Gándara ou a Solaina, abrindo as rúas, unindo barrios e eliminando por completo as barreiras arquitectónicas, facendo espazos máis integrados que favorezan ademais os negocios próximos. Unha vez máis, non atopamos ningunha partida que fale disto.

- Aínda que nos alegramos de que subise ata un 0.5 % o orzamento en igualdade, segue a quedar lonxe do 1 % que desde o BNG cremos necesario.

- Pola nosa banda sería importante, tal e como sinalabamos xa no noso programa electoral, que se incluíse unha partida forte para apostar polo turismo, incluíndo no mesmo o turismo adaptado e deportivo, algo que sería moi beneficioso para unha cidade coma a nosa.

En definitiva, estamos ante uns orzamentos pouco ambiciosos, nada ilusionantes, que se encargan de xestionar o urxente pero non o importante e parécenos que o problema está no fondo e non en puntos concretos que puideran ser emendables. Un orzamento de 34 millóns de euros non poden permitirse que non se destinen nin tan sequera o 8% (menos de 3 millóns de euros) a novos investimentos en partidas moi necesarias para todo o territorio naronés (baixando por certo o capítulo 6 de investimentos en case un 12%) Gustaríanos por suposto que tiveran sidos máis participativos e, polo tanto. o noso voto foi en contra. Iremos facendo propostas concretas ao longo do ano e intentar así facer valer as nosas ideas para que o Narón de todos e todas sexa unha realidade