DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DO CONCELLO DE NARÓN POR PROPOSTA INCIAL DO BNG

O BNG propón medidas para que o Concello poida investir

98E10506-C422-47AC-A384-FF5586DBF8C3
98E10506-C422-47AC-A384-FF5586DBF8C3
Sae a probada unha declaración institucional proposta inicialmente polo BNG  e ao que se sumaron o resto dos grupos no que se reclama que os remanentes do Concello poidan usarse para gasto social e outras inversións.
O BNG propón medidas para que o Concello poida investir

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

 

A Lei orgánica de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira (LOEPSF) recolle as tres regras fiscais de obrigado cumprimento: estabilidade orzamentaria, débeda pública e regra de gasto.

 

O artigo 11.4 da LOPESF sinala que as corporacións locais deberán manter unha posición de equilibrio ou superávit orzamentario, mentres que o art. 32, referido ao destino do superávit, sinala que este se destinará a reducir o nivel de endebedamento.

 

A lei 9/2013 de débeda comercial, modificou a lei para permitirlles aos concellos que cumprisen unha serie de requisitos, destinar o superávit a investimentos financieramente sustentables, unha definición de investimentos que recolleu o Decreto-lei 2/2014, do 21 de febreiro na súa disposición adicional 16. Estas excepcións en ningún caso deron satisfacción ás demandas municipais posto que as condicións para poder acollerse á medida eran importantes: rexistrar superávit orzamentario e remanente de tesouraría, que pagasen antes as débedas pendentes con provedores para cumprir coa lei de morosidade e destinar o sobrante a amortizar débeda.

 

Ao longo destes anos esta situación trouxo consigo un paradoxo: moitas das administracións locais, entre elas o Concello de Narón, son administracións con gran cantidade de remanente, están saneados e cumpren os seus obxectivos pero non poden investir ese aforro.

 

Por parte da FEMP, está situación foi posta en coñecemento do Goberno en numerosas ocasións, manifestando as súas intencións de que estas restricións puidesen ser modificadas.

 

Dada a expansión da pandemia provocada polo virus COVID-19 (Coronavirus) e a declaración de Estado de Alarma por parte do Goberno central, chegou a hora de que o Goberno escoite, e sexa sensible ás reivindicacións dos concellos, cuxas demandas son xustas, razoables e necesarias para seguir pondo os intereses da veciñanza por diante de calquera outro, e continuar levando a cabo investimentos, desenvolvemento e o fortalecemento do Estado de Benestar.

 

Os gobernos locais son a administración máis próxima a cidadanía, e máis nestes momentos de crise, o Goberno non debe pór trabas ao seu labor na prestación de servizos públicos de calidade.

 

ACORDOS:

 

  1. Instar o Goberno central a que tome medidas para que as entidades locais poidan reinvestir o seu remanente de tesouraría nunha cantidade equivalente ao crédito recibido pola Xunta de Galicia, non só para servizos sociais, senón tamén incluír a posibilidade de investir en medidas económicas, de empregoe outro tipo de investimentos.
O BNG propón medidas para que o Concello poida investir