Meidas a ter en conta polo Concello

Narón en benestar
Narón en benestar
Desde o BNG de Narón queremos aportar e facer propostas positivas que melloran a vida de todas e todos, para elo articulamos un gabinete de crise e comunicación para  e estar da man do Concello de Narón no que precisen. Se nun primeiro momento solicitamos o servizo de voluntariado que está a funcionar no Concello ou solicitar mediante declaración institucional que os Concellos poidan facer uso dos seus remanentes para todo tipo de investimentos necesarios unha vez pasado o estado de alarma é agora cando o  grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego de Narón, ao abeiro do Regulamento orgánico municipal, presenta as seguintes medidas para seren tidas en conta desde a corporación e grupo de goberno e que axuden coas xa implementadas e, así, que a veciñanza de Narón poida estar nas súas vivendas nas mellores condicións e cubrir as necesidades de persoas e grupos vulnerábeis. As medidas divídense en:  sociais, recollida lixo, fiscais e de información e comunicación
Meidas a ter en conta polo Concello

MEDIDAS EN SERVIZOS SOCIAIS

1.   Implementar axudas de emerxencia ás familias para afrontar as necesidades dos menores e persoas desfavorecidas que sexan complementarias aos vales de comedor e paliar en parte o impacto socioeconómico do Coronavirus

2.   Atención á indixencia no concello para evitar que persoas nesta situación estean en risco ou poñan en risco ao resto da poboación (As persoas sen fogar deberían poder optar nesta situación a un albergue ou similar no que poidan confinarse con seguridade e protección. Isto precisaría cordinación dos servizos sociais, voluntariado e contratar unha empresa de seguridade para posíbeis persoas conflitivas)

3.   Pedir á Xunta de Galiza información continuada e contacto permanente para que o Concello coñeza a situación da residencia de maiores “DomusVi”de Narón para poder atender e xestionar posíbeis problemas e necesidades das persoas maiores que nela viven e, tamén, as persoas traballadoras(equipos de protección, medicamentos e material sanitario, alimentos)

4.   Protocolo de seguimento da violencia machista no noso concello. A Xunta nesta crise pechou as entradas ás casas de acollida por seguridade e para que non haxa contaxios por COVID-19. Considerando unha medida acertada debemos salientar que, a non posibilidade de novos ingresos e nun momento de confinamento como o de agora, buscar alternativas desde a administración local e de colaboración coa Xunta faise imprescindíbel. (Ex. concreto: o concello de Pontevedra contactou e ten a disposición un hotel pechado que agora está preparado para situacións como esta). A implicación e coordinación do concello de Narón e a Xunta de Galiza para  artellar respostas e que sexa posible a protección de mulleres víctimas da violencia machista ten que ser un feito.

 

MEDIDAS A MAIORES DO SERVIZO DE LIMPEZA

1.   Recollida do lixo porta a porta baixo petición de persoas vulnerábeis  

2.   Protocolo de recollida de lixo a domicilio para posibles doentes positivos por Coronavirus (protocolo co Sergas e que a recollida se faga con equipas de protección pola propia policía local ou SEPIS)

 

MEDIDAS FISCAIS

1.   Facer un plan de aprazamento, fraccionamento ou condonación (ata onde a lexislación o permita) dos impostos, recibos e taxas (Ex: imposto vehículos, taxas terrazas...) en función das situacións CONCRETAS da cidadanía e empresas de Narón. Seguindo estes criterios  valorar o aprazamento da taxa de recollida do lixo comercial ás actividades pechadas , así como de todos aqueles impostos pendentes de pasar o cobro

2.   Iniciar unha campaña informativa para empresas  e autónomos coas medidas implementadas e as que se poidan aprobar por parte das diferentes administracións para facer fronte ao impacto social e económico do COVID-19

 

MEDIDAS DE INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN

1.   Crear un apartado específico na web municipal “CORONAVIRUS” con toda a información municipal ao respecto e enlace directo ás redes propias do concello. Na actualidade a información está a ser boa comunicativamente pero cun enlace directo sería máis sinxelo para todos os rangos da poboación.

2.   Diálogo constante con entidades e asociacións de Narón para que colaboren na rede de voluntariado ou canalicen a información oficial de maneira efectiva e poidan axudar á xestión do concello

3.   Información e resumo actualizado a todos os grupos municipais das medidas a tomar e recomendacións da FEGAMP

 

Meidas a ter en conta polo Concello