A participación cidadá aprobada no Concello de Narón seguerá a non ser boa

concelleiros BNG no pleno
concelleiros BNG no pleno

A enmenda do BNG ao Regulamento de Participación Cidadá de Narón, no que se pedía que a cidadanía puidera intervir nas mocións políticas, non sae aprobada pola mínima nun pleno realizado virtualmente e onde non puido participar a poboación.

Hoxe en Narón fíxose un pleno atípico debido ao estado de alarma. Foi telemático e non aberto á cidadanía e por iso desde o BNG “queremos agradecer que fose posible grazas ao traballo do persoal do concello, desde secretaría e intervención pasando polas persoas informáticas pero salientamos que é incomprensible que se incluíra a aprobación definitiva do Regulamento de Participación Cidadá xusto nun pleno no que non pode participar ou asistir a poboación. É por iso que tamén presentamos unha enmenda para que todas as persoas poidan participar nos plenos en calquera moción política e que conste en acta, algo que se pode facer por exemplo en Ferrol pero non en Narón”.  Indica Olaia Ledo, portavoz do BNG. Un dato curioso da situación é que o PSOE que leva esa área no concello dividiu a votación: o seu voceiro votou a favor da moción, a concelleira de participación en contra e o outro concelleiro en contra aclarando que estaba dacordo. A votación ficou finalmente con 9 votos a favor de incluír a moción e 11 en contra. “A participación cidadá seguirá a ser escasa nos plenos municipais , o lugar onde todas temos que sentirnos representadas, sen despotismos“ indica Geno Carballeira, concelleiro do BNG que interviu no pleno neste punto.

A participación cidadá aprobada no Concello de Narón seguerá a non ser boa
A participación cidadá aprobada no Concello de Narón seguerá a non ser boa