O BNG vese na obriga de absterse no Plan Complementario do 2020 do POS por falta de información en tempo e forma

O BNG de Narón vese na obriga de absterse na votación do POS pola falta de información do goberno até hoxe dez minutos antes do inicio do Pleno. O mesmo aconteceu cos acordos relativos ao processo de saneamento.

O BNG vese na obriga de absterse no Plan Complementario do 2020 do POS por falta de información en tempo e forma

Hoxe, 26 de decembro, tivo lugar o último pleno de Narón e votáronse dúas mocións urxentes que, tendo a información o concello desde o día 23 non se pasou aos grupos da oposición até hoxe ás 08:45 da mañá (quince minutos antes do inicio do pleno). Desde o BNG de Narón resúltanos escandaloso que isto acontecera, un concello de 40.000 habitantes con xuntas de goberno todas as semanas, persoas liberadas para realizar este traballo e cun orzamentos de 34 millóns de euros sexa incapaz de informar en tempo e forma á oposición que non conta con ningunha liberación porque así o considerou o goberno. “Non podemos aprobar un POS do que non temos información. A primeira vista estamos dacordo coas actuación pero nin tan sequera sabemos como se van realizar, nin temos informes. Só sabemos das intencións e o nomeamento do que se ten pensado e porque nós o solicitamos hoxe se non nin tan sequera teríamos esta información. Non é serio. O trato que está a recibir a oposición en Narón sen ter todo en tempo e forma para actuar con responsabilidade e representando á veciñanza que nos votou. Narón somos todas e todos e non só uns poucos...” explica Olaia Ledo, voceira do BNG de Narón

O BNG vese na obriga de absterse no Plan Complementario do 2020 do POS por falta de información en tempo e forma