O BNG DE NARÓN ESÍXELLE MEDIDAS CONCRETAS AO GOBERNO DA XUNTA DE GALIZA PARA O BENESTAR DA VECIÑANZA DO NOSO CONCELLO

O BNG de Narón presenta varias enmendas aos orzamentos do 2020 da Xunta de Galiza

O BNG de Narón presenta varias enmendas aos orzamentos do 2020 da Xunta de Galiza

Estes días estanse a debater os orzamentos para o 2020 no Parlamento de Galiza. Nestes orzamentos non había ningunha partida específica para o noso Concello, polo que dende o BNG de Narón fixemos varias enmendas parciais que o Grupo Parlamentar do BNG presentou para a súa inclusión nos mesmos.

Entre estas enmendas falamos por exemplo dunha residencia da terceira idade pública, somos o único concello de Galiza con máis de 15.000 habitantes que non a ten, e estamos vendo neste último ano cómo moita xente maior da nosa contorna falece soa no seu domicilio, temos un número elevado de persoas maiores que viven soas e que non teñen posibilidade de acceder a unha privada, que é o único do que dispoñemos.

Na área de ensino hai moitos anos que dende o BNG de Narón pedimos que a xestión das Escolas Infantís Municipais de Piñeiros, A Solaina e A Gándara sexa competencia da Xunta de Galiza, e este ano volvemos a pedilo, así como que todos os centros de Narón teñan un mantemento e poidan ser inclusivos. Solicitamos tamén a construcción dun Centro de Formación Profesional, onde poder ofertar estudos técnicos sin ter que desprazarnos a outros concellos, ou incluso ás veces saír fóra da nosa comarca.

Estamos levando a cabo unha campaña de inclusión de especialidades e máis persoal no novo Centro de Saúde que se está construíndo. Conseguimos que incluísen no proxecto unha sala plomada para radioloxía, pero seguimos loitando tamén pola especialidade de psicoloxía clínica, que tamén incluímos nestas enmendas, especialidade moi necesaria nunha poboación relativamente nova coma a de Narón, que debido ao ritmo de vida diario co traballo, conciliación familiar e demáis, chega a sufrir un estrés diario e unha ansiedade que necesita moitas veces un especialista que lle axude a enfocalos dun xeito que non cheguen a ser un gran problema de saúde.

Ademáis disto tamén se incluén melloras no saneamento do rural, así como nos viais que son competencia da Xunta e que discorren polo noso concello, como tamén os que son vías de comunicación con outros concellos da comarca.

Isto é un proceso no que o BNG leva traballando semanas a nivel nacional e onde presenta uns orzamentos reais para Galiza e no que por suposto, contempla partidas específicas para Narón, na que están incluídas as que comentamos anteriormente.grupo municipal

O BNG de Narón presenta varias enmendas aos orzamentos do 2020 da Xunta de Galiza