O BNG de Narón denuncia a contaminación da ría, a situación do patrimonio e insta ás administracións a poñer solucións

O BNG de Narón realizou unha acción en diferentes zonas do Concello de Narón que contou coa participación de ADEGA e onde decenas de persoas colocáronse en grupos para poder limpar a beira da ría ao seu paso polo concello e denunciar o estado de abandono do patrimonio nunha zona que conta, ao seu paso, co camiño de Santiago e o de San André de Teixido. O deputado Mon Fernández acompañou á asemblea do BNG e realizou a ruta co grupo municipal.

O BNG de Narón denuncia a contaminación da ría, a situación do patrimonio e insta ás administracións a poñer solucións

O deputado no parlamento galego,  Mon Fernández, e os concelleiros Geno Carballeira e Olaia Ledo fixeron desde primeira hora da mañá  a ruta dos muíños e  comprobaron in situ a situación na que se atopan estes espazos naturais: deteriorados, zonas de difícil acceso, algunha vivenda en ruinas e cartelería deteriorada. Unha vez rematada, ao chegaren á zona do paseo de Xuvia decenas de compañeiros e compañeiras agardábanos limpando a contorna da ría e sacando plásticos de todo tipo e voluminosos como un carriño de bebé. Tamén puxeron o acento na abundancia de especies exóticas invasoras (desde gansos do Nilo a plumeiros da pampa) que deberían non estar nese ecosistema mixto de río e mar. Denunciamos, desta maneira, o estado de deterioro das rutas de sendeirismo que o goberno municipal inaugurou no 2019 e anunciamos de que imos presentar iniciativas no concello, parlamento e no congreso pola situación da costa e deterioro do Muíño das Aceas e diverso patrimonio. “Non podemos permitir que a nosa contorna caia ante os nosos ollos, en Narón temos unha historia e un patrimonio que non poden ficar no pasado polo que temos que poñelo en valor e aproveitar tamén os recursos que nos ofrece o medio para crear emprego e tamén alternativas de ocio e deportivas en consonancia co medio” declara Olaia Ledo, voceira municipal. Mon Fernández declarou que “comezaremos polo concello de Narón como administración máis próxima e porque entendemos que debe ser a principal interesada debendo liderar un plan de recuperación de todo isto para levalo despois ao resto de institucións” Ademais anunciou que“presentaremos desde o BNG diferentes iniciativas no parlamento galego ao respecto

 

O BNG de Narón denuncia a contaminación da ría, a situación do patrimonio e insta ás administracións a poñer solucións