O BNG LEVA A PLENO UNHA MOCIÓN PARA INSTAR AO GOBERNO CENTRAL Á APROBACIÓN DUN ESTATUTO PARA A INDUSTRIA ELECTROINTENSIVA

O BNG leva a Pleno unha moción para instar ao Goberno Central á aprobación dun Estatuto para a industria Electrointensiva

Ana Pontón, Olaia Ledo co comité de MEGASA
Ana Pontón, Olaia Ledo co comité de MEGASA

Mediante a aprobación desta moción, o BNG pretende acadar o acordo pleno dos grupos políticos do concello de Narón para instar ao Goberno do Estado á aprobación inmediata dun estatuto para a industria electrointensiva que estableza unha tarifa estábel e económicamente asumíbel que permita a competitividade industrial e o mantemento dos postos de traballo. Así como á aprobación dun paquete urxente de medidas para conseguir que a industria electrointensiva teña a máxima compensación permitida pola UE para competir con industrias similares instaladas noutros lugares do mundo onde non se limitan as emisións de dióxido de carbono.

O BNG leva a Pleno unha moción para instar ao Goberno Central á aprobación dun Estatuto para a industria Electrointensiva

Narón ten unha empresa pertencente á industria electrointensiva (MEGASA) e que desde o 2014 padece diferentes crises por mor do prezo da luz nas diferentes subastas. Ademais, Galiza é un pais produtor excedentario de enerxía eléctrica, que envía ao exterior a terceira parte da enerxía producida. Sen embargo esa condición de produtor, a pesar de que históricamente carrexou costes medioambientais e sociais importantísimos, non repercute no beneficio da poboación nin do desenvolvemento da economía de Galiza. De feito as galegas e galegos somos, no ano 2019 e 2020, os que pagamos a tarifa máis cara do Estado español.

Isto representa un problema social de gran calado que afecta especialmente aos sectores económicamente máis desfavorecidos. Pero ten tamén unha repercusión directa no desenvolvemento económico do noso país pola relevancia da industria electrointensiva no conxunto do noso limitado tecido industrial. Unha reclamación histórica do noso país é a creación dunha tarifa eléctrica galega que beneficie ao conxunto da poboación e tamén un estatuto da industria electrointensiva, que estableza unha tarifa estábel, predicíbel e económicamente asumíbel que permita a competitividade industrial e o mantemento dos postos de traballo.

De feito, neste momento a crise da industria electrointensiva supón en Galiza o risco de perder máis de 5.000 empregos neste sector, con afectación a comarcas enteiras como a de A Mariña, Ferrol, A Coruña e A Costa da Morte.

No mes de febreiro o Consello de Ministros autorizou a tramitación urxente do procedemento de elaboración e aprobación do real decreto polo que se regula o Estatuto do Consumidor Electrointensivo, que tiña como obxectivo mitigar os efectos dos costes enerxéticos sobre os grandes consumidores de enerxía; sen embargo, 10 meses despois, ese estatuto aínda non foi aprobado nin é públicamente coñecido, e polo contrario, o 3 de decembro foi publicada no Boletín Oficial do Estado a resolución de 2 de decembro de 2019, da Secretaría de Estado de Enerxía, pola que se aproba o calendario e as características do procedemento competitivo de subastas para a asignación do servizo de xestión da demanda de interrompibilidade regulado na Orde IET/2013/2013, de 31 de outubro, para o período de entrega comprendido entre o 1 de xaneiro e o 30 de xuño de 2020.

Esta resolución, ademais de ser unha falsa saída temporal, empeora as condicións para a industria electrointensiva, porque reduce a menos da metade a potencia interrompíbel na subasta correspondente ao primeiro semestre do 2020 e porque ademáis elimina os bloques de 40 MW. Entendemeos que é necesario actuar na dirección contraria á que establece esta resolución e é urxente contar cun Estatuto da industria electrointensiva que, con carácter xeral, libere a factura de peaxes que non teñen relación directa co funcionamento do sistema eléctrico: Primas ás renovábeis, costes extrapeninsulares, pagos por capacidade, nucleares e déficit tarifario. O coste destas peaxes debe ser asumido polos Orzamentos do Estado.

Lóxicamente, isto permitirá esixir como contrapartida ás industrias que se acollan ao Estatuto un esforzo en inversións e melloras nos procesos produtivos que reduzan o impacto ambiental e garanta manter e ampliar o emprego directo.

Conseguir estas mudanzas é un traballo de todas e avanzar para chegar ao que nos corresponde como país, sumado ao cumprimento do acordo asinado polo BNG, para que o goberno do estado libere a factura de cargos que non teñan relación directa co funcionamento do sistema eléctrico.