ESTE XOVES 26, A ASEMBLEA LOCAL DO BNG DE NARÓN, ELEXIU POR UNANIMIDADE NOVA RESPONSÁBEL LOCAL QUE COMEZOU A ORGANIZAR O TRABALLO CARA AS ELECCIÓN XERAIS. ADEMAIS XIANA GONZÁLEZ, KARINA CASTILLO E EMILIO CAXIAO INCORPÓRANSE TAMÉN AO CONSELLO LOCAL ACTUAL

Marta Grandal nova responsábel local do BNG de Narón

Marta Grandal, responsable local
Marta Grandal, responsable local
Marta Grandal nova responsábel local do BNG de Narón

O xoves 26 ás 20h realizábase unha asemblea do BNG de Narón onde se pasou a incorporar persoas ao seu consello local e a elexir a Marta Grandal como responsábel local. Ánxel Rial, que viña desenvolvendo esa responsabilidade, cede o posto despois de case catro anos “nos últimos tempos foise incorporando un número cuantitativo e cualitativo importante ao bloque e o lóxico e que tamén se vexa reflexado no consello porque no traballo diario xa é unha realidade”. Tras de si, Rial deixa bos números: reforzo da organización e suba de votos en todos os procesos electorais do BNG desde as eleccións galegas. Marta Grandal é a actual persoal de confianza do concello no grupo municipal e ten experiencia nos órganos do BNG de Narón “asumo o traballo e a confianza depositada en min con moita responsabilidade, nesta organización todas as persoas aportamos o que podemos e deixamos tempo para mellorar Narón e Galiza. É un orgullo ser do BNG”

A asemblea aprobou por unanimidade a proposta, así como as diferentes campañas a desenvolver nos vindeiros meses e a posta en marcha da campaña electoral para as xerais onde en Narón aspiran a aumentar o número de votos “ficamos a moi poucos votos de conseguir deputado e que Galiza estivera representada en Madrid. Agora non imos perder a oportunidade” 

 

ACTUAL CONSELLO LOCAL

Responsábel Local: Marta Grandal

Vicerresponsábel Local: Ánxel Rial

Tesoureiro: Marcos Sánchez

Vogais:

Olaia Ledo

Eugenio Carballeira

Lidia Romero 

Xosé Fandiño

Karina Rosario

Xiana González

Emilio Caxiao