O BNG DE NARÓN HOMENAXEA AO COMPAÑEIRO PABLO VILLAMAR POLA SÚA TRAXECTORIA E POLA SÚA LEALDADE CO NACIONALISMO GALEGO

Homenaxe a Pablo Villamar

IMG_3128
IMG_3128

Porque en Narón traballamos con ilusión e iso conleva traballo e esforzo. Persoas que damos o mellor de nós mesmas para que Narón e o País teñan futuro. Por iso tamén temos que agradecer a quen traballou tanto por esta cidade e que de seguro seguirá a facer. No bng sentímonos orgullosos e orgullosas de poder ter lugares de encontro que valgan para facer irmandade. Este venres 16 podes participar connosco nunha cea con sorpresas anotándote en naron@bng.gal ou no teléfono que indicamos a continuación

Homenaxe a Pablo Villamar

En Narón Pablo Villamar marca unha época porque del saen as mellores iniciativas municipais dos últimos tempos. O seu traballo non é só recoñecido na nosa localidade se non tamén polo seu labor como ex vicepresidente da Deputación da Coruña.

Ademais leva militando no nacionalismo desde os 16 e o seu sorriso tímido misturouse coa lealdade cara a organización na que milita e cun traballo eficaz. Grazas Pablo, nós por isto e por todo o que che queda por facer preparamos esta homenaxe.

Porque en Narón traballamos con ilusión e iso conleva traballo e esforzo. Persoas que damos o mellor de nós mesmas para que Narón e o País teñan futuro. Por iso tamén temos que agradecer a quen traballou tanto por esta cidade e que de seguro seguirá a facer. No bng sentímonos orgullosos e orgullosas de poder ter lugares de encontro que valgan para facer irmandade. Este venres 16 podes participar connosco nunha cea con sorpresas anotándote en naron@bng.gal ou no teléfono que indicamos a continuación

IMG_3129

comentarios