APOIAMOS ÁS FAMILIAS DE DOSO E PEDROSO QUE LOITARON POLO NON PECHE DA ESCOLA O CURSO PASADO E QUE AGORA QUEREN REABRIR POR TER MATRÍCULA SUFICIENTE. E É POR ISO QUE SE INICIA AGORA UNHA LOITA DESDE ÁS FAMILIAS AFECTADAS POR ISTO

O futuro da escola unitaria de Pedroso

foto do CRA de Narón
foto do CRA de Narón

Esta semana realizamos pregunta parlamentar para reclamar a reapertura da escola unitaria de Pedroso e participaremos no calendario de mobilizacións que están a preparar as familias afectadas
 

O futuro da escola unitaria de Pedroso

Rexistramos iniciativa parlamentar porque apremia polos propios tempos da administración para resolver antes do periodo de matriculacións. Todos e todas temos os mesmos dereitos, dá igual a cor, o importante é un modelo de ensino público, galego e de calidade

… Sobre o futuro da escola unitaria de Pedroso e as medidas que pensa adoptar a Xunta de Galiza para garantir o seu mantemento esta semana rexistramos no parlamento as seguintes cuestións que serán tratadas en comisións e que desde a consellaría terán que dar resposta:

A NOSA EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O CRA de Narón agrupa, actualmente, catro escolas rurais das que a Xunta de Galiza pechou unha (anteriormente pechou tamén Castro e San Mateo) o curso pasado, a de Pedroso argumentando que non contou con matrícula suficiente para o seu mantemento.  

O pasado ano 2018, as familias de Pedroso solicitaron á Consellaría de Educación que permitise cursar o primeiro curso de Primaria nesta escola unitaria para garantir a súa continuidade apoiándose na realidade que existe noutros Centros Rurais Agrupados do país.

Desde o Grupo parlamentar BNG trasladamos ao Parlamento as demandas das familias cunha iniciativa na que reclamamos a implantación do primeiro curso de Primaria na escola unitaria de Pedroso para garantir o mantemento do servizo no curso 2018/2019 así como aplicar unha moratoria ao peche de centros de ensino e abrir un espazo de diálogo coa Rede galega de Educación e Desenvolvemento Rural para abordar as medidas que serán precisas adoptar co obxectivo de garantir a prestación de servizos necesarios no rural, nomeadamente educativos, e os criterios que rexan a xestión dos mesmos.

Porén, o Partido Popular rexeitou as propostas.

As familias continúan a dar a batalla pola escola unitaria de Pedroso e confirman que para o curso vindeiro 2019/2020 o centro contaría con alumnado suficiente para, dentro das ratios estabelecidas pola Consellaría de Educación, garantir a súa reapertura.

Por todo o exposto, formulamos as seguintes

POC / PRE

  1. Vai permitir a Xunta de Galiza que a escola unitaria de Pedroso poida ofertar a súa matrícula para o curso 2019-2020 no CRA de Narón?
  2. Neste senso, permitirá o Goberno galego realizar a preinscrición de matrícula dentro do CRA?
  3. Comprométese o Goberno galego a reabrir a escola unitaria de Pedroso en Narón se hai matrícula suficiente?

 

 

comentarios