OS POR QUÉS DA AUXE DESTES MOVEMENTOS E POR QUÉ É NECESARIO TER ARGUMENTOS PARA COMBATILO E DEFENDERNOS COMO PAÍS

"A auxe do Fascismo no mundo: maneira de Combatelo"

Charla - coloquio contra a auxe do fascismo
Charla - coloquio contra a auxe do fascismo

Como parar a intolerancia, a quen quere rematar coa diversidade, os dereitos a existirmos na nosa lingua, na nosa maneira de ser ,  a respectarnos entre pobos. O fascismo leva anos intentando volver ó poder e semella que hai movementos dos de sempre para que iso ocorra. Analizámolo este martes no centro social do Alto.

"A auxe do Fascismo no mundo: maneira de Combatelo"

Os momentos de crise fan que ante o medo movementos que sempre existiron busquen maneira de instaurar ideas como a xenofobia, o racismo, o machismo, o roubo aos pobres e, en definitiva un mundo máis inxusto e insolidario. Estes últimos anos vimos movementos en Europa e gobernos agora en Brasil, Arxentina, Italia, EEUU mais... Que diferenza a dereita "clásica" dalgúns discursos considerados "fascistas"?, Están intentando preparar un modelo xa coñecido de españolismo que remate coa diversidade? Como pode o pobo galego enfrontalo? Destas claves falarán este martes Duarte Correa (analista internacional), Nicolasa Castro (secretaria de Cultura da CIG e membro da Marcha Mundial de Mulleres) e Olaia Ledo (guionista e produtora audiovisual e candidata do BNG de Narón á alcaldía).

comentarios