O BNG DE NARÓN INICIA UNHA CAMPAÑA NA QUE RECLAMAMOS A DOTACIÓN DOS SERVIZOS PARA O NOVO CENTRO DE SAÚDE

Campaña para dotar de servizos o novo centro de saúde

Servizo de radioloxía, unha Unidade de Saúde Mental, máis persoal sanitario. A permanencia e mellora dos centros de saúde de Val e Pedroso e dotalos de transporte público axeitado. A loita pola mellora na sanidade é unha constante no BNG e agora en Narón toca reclamar o que nos pertence a todos e todas.

Campaña para dotar de servizos o novo centro de saúde

NOVO CENTRO DE SAÚDE SI - PERO CON SERVIZOS TAMÉN

O BNG de Narón reclámalle á Xunta que o futuro centro de saúde reserve espazos para os servizos de Radioloxía e Saúde Mental

 

Narón, 24 de febreiro de 2019. O Bloque Nacionalista Galego de Narón reclámalle á Xunta de Galiza que o futuro centro de saúde do concello, que se atopa nestes intres en proceso de construción, reserve espazos para Radioloxía e Saúde Mental que non figuran no proxecto presentado polo Sergas. Ademais desde a asemblea de Narón reclamamos máis persoas sanitario non só para o noco centro de saúde se non no actual no que xa é necesario un persoal médico máis atendendo ás necesidades  e o retio establecido na sanidade a respecto das persoas usuarias do centro. A nosa candidata, Olaia Ledo, considera fundamental que a instalación poida dotarse destes servizos básicos para a cidadanía de Narón co obxectivo de lle ofrecer unha atención sanitaria máis completa sen necesidade de ser derivada, no caso de necesitalo, a outros centros sanitarios da comarca e así o informou aos medios, “unha infraestrutura dotada con cinco millóns de euros e que o propio conselleiro cualificou como dos máis avanzados do país ten que contar con estes servizos, pois noutros puntos de Galiza si se incluíron, mesmo en localidades nas que a poboación é menor ca a naronesa”. “O argumento de que existe un centro de referencia na cidade veciña non se sostén por si mesmo, porque obrigaría aos doentes que si precisan destes servizos a se desprazar innecesariamente, co agravante das eivas que vén arrastrando o transporte público nos últimos anos”, engadiu. 

Ledo cre que é o momento de que a Xunta “diga claramente se cre na sanidade pública galega” e, nesa liña, subliña que é prioritario que o futuro centro de saúde, que se atopa na fase inicial de construción, “incorpore ámbolos dous servizos, malia que o feito de non contemplar unha sala plomada para Radioloxía confirma a nula intención de tela”. “O BNG”, lembra, “congratúlase de que principien unhas obras reclamadas desde hai unha década e que apoiamos con diferentes campañas e recollida de sinaturas”. 

comentarios