O BNG DE NARÓN ESIXE MEDIDAS CONCRETAS NOS ORZAMENTOS DA XUNTA QUE GARANTAN O BENESTAR DA VECIÑANZA NARONESA.

O BNG presenta enmendas parciais aos orzamentos da Xunta de Galiza atendendo as necesidades de Narón

trasancos
trasancos

mellora estrutural nos centros de ensino, dotación de radioloxía no novo centro de saúde, transferencia das garderías municipais á Xunta, unha residencia de maiores pública na cidade e obras de mellora nos viais e tamén de abastacemento e sanemento no rural son algunhas das medidas que afectarían directamente á nosa cidade.

O BNG presenta enmendas parciais aos orzamentos da Xunta de Galiza atendendo as necesidades de Narón

O BNG de Narón traballou para incluír enmendas parciais aos orzamentos da Xunta que incluíran necesidades da nosa cidade e que o grupo parlamentar do bng xa presentou e insta ao goberno da Xunta de Galiza a telos en conta xa que son imprescindibles para Narón: mellora estrutural nos centros de ensino, dotación de radioloxía no novo centro de saúde, transferencia das garderías municipais á Xunta, unha residencia de maiores pública na cidade e obras de mellora nos viais e tamén de abastacemento e sanemento no rural. Olaia Ledo, candidata do bng de Narón ás municipais 2019, manifesta que “os centros de ensino da localidade precisan inversión e adaptación para seren inclusivos por iso é preciso non demorar máis nuns orzamentos da Xunta ese investimento ou que inclúan para o novo centro de saúde que levamos anos de espera a dotación de radioloxía para non termos un novo centro de saúde pero baleiro” ademais engade “Unha cidade de 40.000 habitantes ten que ter unha residencia de maiores pública e inclusiva ou ter partidas que garantan obras de abastecimento e saneamento no rural de Narón. Non estamos a pedir nada que non nos corresponda se non que o facemos pensando no benestar de todos e todas”. Por iso desde o BNG da localidade esíxese que se cumpra e aplique estas enmendas froito do traballo riguroso e atendendo as necesidades da localidade.