O BNG DE NARÓN, PRESENTA NO PLENO DE MAÑÁ XOVES 25 DE SETEMBRO EN NARÓN, UNHA MOCIÓN URXENTE PARA RECLAMAR O APOIO DO CONCELLO DE NARÓN Á FOLGA DE CONTRATAS DE MANTEMENTO DE NAVANTIA

O BNG de Narón leva a pleno a folga das contratas de manetemento

Captura de pantalla 2019-09-24 a las 11.29.10
Captura de pantalla 2019-09-24 a las 11.29.10

O BNG de Narón, presenta no pleno de mañá xoves 25 de setembro en Narón, unha moción urxente para reclamar o apoio do Concello de Narón á folga de contratas de mantemento de Navantia nas dúas empresas que teñen sede no campus das Lagoas nesta localidade. Tamén presenta moción sobre o clima e contra a violencia de xénero e reclamar políticas a tomar desde a localidade. Tamén o grupo municipal vén de reclamat reparacións en diferentes zonas da cidade e viais que contaron, estas últimas, co apoio do goberno en diferentes comisións.

O BNG de Narón leva a pleno a folga das contratas de manetemento

"Todo o noso apoio ás persoas traballadoras en folga, a crise está a atacar duramente a nosa localidade: Poligal, Elinco... e agora toca defender o cumprimento dun convenio e pedir a reincorporación das persoas despedidas inxustamente en INDASA e UTE TECMAN-RAYMA" reclama Olaia Ledo, voceira do BNG de Narón.

Ademais, o grupo municipal do BNG de Narón presenta dúas mocións máis arredor da emerxencia feminista e climática "ademais das mocións xenéricas a este respecto nas cales coincidimos e votaremos favorablemente o noso grupo xa presentara con anterioridade mocións sobres estas temáticas porque a emerxencia non é causa dun día ou de xestos simbólicos se non efectivizar con medidas concretas, políticas a nivel municipal e reclamar dotación orzamentarias da Xunta e do Estado" declara a voceira do BNG Olaia Ledo, "a loita contra a violencia de xénero ten que ser transversal e aplicar a lei galega aprobada no 2007 e que ten nun caixón Feijóo é fundamental xa que nela, por exemplo, si considera a violencia machista para casos fora da parella e que a estatal aínda nega, incumplindo por certo as leis internacionais. A política a favor do clima ten tamén que custionarse e numeras as causas non só efectos: que facemos cos nosos residuos, como están as nosas augas ou como xestionamos o noso monte a nivel local e galegoé fundamenta e, en Narón, temos que traballar en todos estes aspectos"