QUEREMOS SOLUCIÓNS, NON MENTIRAS OU MEDIO VERDADES. O CENTRO DE SAÚDE TEN QUE SER UN BEN PARA TODA A POBOACIÓN NARONESA

O BNG leva ao parlamento galego o centro de saúde de Narón agora en construción

Montse Prado e Olaia Ledo
Montse Prado e Olaia Ledo

O BNG de Narón continúa coa campaña para que o futuro centro de saúde, agora en construción, conte con todos os servizos que unha cidade de 40.000 habitantes precisa. Ademais, o proxecto incluíu o demandado servizo de radioloxía despois dunha gran campaña mais seguimos a pedir unha consulta de psicoloxía clínica. O bloque rexistrou pregunta parlamentar e unha proposición non de lei para que desde a Consellería se postulen de maneira oficial.

 

O BNG leva ao parlamento galego o centro de saúde de Narón agora en construción

O centro de saúde de Narón é unha necesidade que se vén reclamando desde hai dez anos. Por iso, o BNG vén de rexistrar por escrito as preguntas parlamentares por voz da súa portavoz de sanidade, a deputada nacionalista Montse Prado, para ver se apurab os prazos a consellería para xa incluír no proxecto  o servizo de radioloxía  porque, ata levalo ao parlamento, aínda non estaba recollida no proxecto. Ademais, preguntaremos se se contempla unha consulta de psicoloxía clínica (no caso negativo reclamala) e dotar de máis persoal o novo centro de saúde.