EN NARÓN E NA COMARCA NON PODEMOS ATURAR MÁIS SITUACIÓNS COMO A NOSA. MÁIS DE CEN FAMILIAS NON PODEN ESTAR AO DISPÓR DAS EMPRESAS QUE DESLOCALIZAN E ENGANAN CON REFORMAS DOS PARTIDOS ESTATAIS

O BNG insta á Xunta a mediar de inmediato no conflito de POLIGAL. A loita polo mantemento dos postos de traballo comeza

Captura de pantalla 2019-02-23 a las 10.03.28
Captura de pantalla 2019-02-23 a las 10.03.28

En Narón xa temos máis paro que a media da provincia. Ademais, unha comarca castigada como a nosa non pode seguir a sufrir a ausencia dun goberno galego incapaz que non traballe un plan específico para Ferrolterra. Agora , co anuncio de peche de Poligal Narón, desde o BNG ademais de rexistrar pregunta parlamentar instamos Xunta de Galiza a facer todo o posible e traballaremos e porémonos a disposición das persoas afectadas para lograr que isto non aconteza.

O BNG insta á Xunta a mediar de inmediato no conflito de POLIGAL. A loita polo mantemento dos postos de traballo comeza

O Grupo Parlamentar do BNG no Parlamento Galego rexistrou hoxe unha batería de iniciativas ao respecto da situación da empresa Poligal -ubicada no polígono da Gándara, en Narón-  perante a nova da presentación dun concurso de acredores e que, sospeitamos, poidese afectar á viabilidade da empresa.

 

No texto da pregunta faise referencia ao impacto que esta medida poidese ter nunha comarca que, lonxe de recibir novas sobre proxectos que contribúan ao desnvolvimento, recibe novas que só falan da desaparición do tecido industrial que conforma a nosa actividade socio-económica. Evidencia, máis unha vez, da necesidade de que os poderes públicos - quer no que compete ao goberno do Estado, quer no correspondente á Xunta- se vinculen á necesidade urxente dun verdadeiro plan industrial (a comezar, pola defensa dos nosos sectores produtivos) que reactive a nosa economía e serva de muro de contención á situación de emerxencia que supón a deriva demográfica -resultado da falla de espectativas laborais- que sofre Ferrolterra, Eume e Ortegal.

 

Hoxe vémonos apoiando a concentración diante do Concello coas persoas traballadoras de Poligal Narón