O BNG congratúlase de que POR FIN estea incluída radioloxía

centro de saúde
centro de saúde

O traballo dá os seus froitos e a campaña do BNG, o boca a boca, as preguntas no parlamento e a recollida de sinaturas fan que sexa posible que unha parte das reivindicacións estean agora resoltas

O BNG congratúlase de que POR FIN estea incluída radioloxía

O BNG CONGRATÚLASE DA INCLUSIÓN NO CENTRO DE SAÚDE DA SALA DE RADIOLOXÍA.

O ansiado anexo que contempla a sala de radioloxía no futuro centro de saúde de Narón xa está incluído. A satisfacción no BNG de Narón é moi grande convencidos de que os dous anos consecutivos que se leva solicitando no parlamento xurdiron efecto. “Isto conseguiuse porque unha boa parte de Narón así o reclamou, é unha victoria de todas as naronesas e naroneses” afirma Olaia Ledo, portavoz municipal do BNG de Narón.

Hoxe mesmo foron a velo e comprobar como ficaría a obra Olaia Ledo e Marta Grandal, voceira  e responsábel local do BNG de Narón, porque acababa de aprobarse e chegar a súa inclusión ao concello. Detrás queda unha campaña onde se recolleron máis de 5.000 sintauras e se estivo coa veciñanza para reclamar o que é xusto.”A batalla non rematou” indica Marta Grandal “fica que inclúan desde a Xunta psicoloxía clínica para dar unha atención en saúde mental acaída e que sirva para que a unidade de saúde mental en Ferrol non se colapse. Narón ten unha poboación nova que precisa atención de calidade nesta área” Así, desta maneira, continuarán a campaña en narón e , o 24 de outubro, preguntarán no parlamento galego a través da deputada do bloque, Montse Prado, a respecto da psicoloxía clinica e o aumento de persoal sanitario. “Queremos agradecer ao persoal do concello que en todo momento informaron de como estaba a situación e da explicación do arquitecto municipal ante todas as nosas cuestións, a campaña continúa mais xa cun camiño andado” finaliza Olaia Ledo.