XOSÉ FANDIÑO PRESENTA AS II XORNADAS DA ANGUÍA DO XUVIA

A anguía do Xuvia volve estar de moda

Xosé Gómez Fandiño
Xosé Gómez Fandiño

As II xornadas da anguía do Xuvia volven poñer este produto de moda no noso Concello. En diferentes centros hosteleiros poderase degustar o produto e haberá un obradoiro impartido por un cociñeiro do grupo nove. Hoxe o concelleiro Fandiño presentou en rolda de prensa todas as actividades que haberá arredor do produto.

 

 

 

A anguía do Xuvia volve estar de moda

O concelleiro do BNG e concelleiro de promoción económica en Narón estivo estas últimas semanas traballando por unhas novas xornadas de anguía do Xuvia. As xornadas decorrerán do 19 ao 21 e do 26 ao 28 de outubro onde, unha vez máis, esta especie esquecida na nosa ría  (mais de gran calidade culinaria) volve a estar de moda nas cociñas. Para promover o produto volven colaborar diferentes institucións. Haberá concurso de tapas e un obradoiro que impartirá o cociñeiro Roberto Filgueira (do grupo nove) e restaurador no Balado sito no concello de Boqueixón. Esta Casa de Xantar é destacada na guía Michelín. Toda a información podedes atopala no grupo "club gastronómico de Narón"

A importancia de promover un produto de cercanía para poñer en valor a nosa ría mais tamén para dinamizar a actividade hosteleira do noso concello é agora para Xosé Fandiño, que tomou posesión en setembro, unha prioridade no seu traballo como concelleiro.

 

A Concellería de Igualdade tamén presentou un curso de autodefensa xunto co responsábel de deportes.

Pola súa conta a portavoz municipal Teresa Sabio presentou esta mañá a impartición de cursos de "autodefensa" para mulleres e, en breve, comeza o 7 de novembro un obradoiro moi especial para mulleres maiores de 50 anos: un obradoiro de crecemento emocional co obxectivo de acadar un maior benestar físico e psíquico así como dotar as mulleres de ferramentas para o autocoidado emocional e o cambio de perspectiva sobre diferentes situacións que se poden presentar na vida. As diferentes actividades nas que traballa a concellería de Igualdade podedes atopalas na web do Concello.

 

 

comentarios