Portadas

Situación unha semana despois da denuncia

 Fixemos un repaso unha semana despois de rexistrar as medidas no concello e dirixirnos á alcaldesa sobre os camiños e rutas de Narón. Temos que dicir :

Promeiro: dúas Cousas SI foron melloradas: colocouse o cartel do muíño de xuvia tirado no desbroce (mais ficou sen limpar todo o redor e fai falla retirar un cartel que un veciño pendurou nunha árbore) e desbrozouse na contorna do muíños das Aceas

Segundo: O resto NON se fixo e o que tamén é GRAVE: o desbroce fixo que se vira máis o deterioramento dos camiños descubrindo postes indicativos tirados como o que mostramos nas imaxes do paseo de San Andrés! 

1. O carriño da compra segue na ría. Reclamamos que se avise a autoridade competente ou que o concello faga a limpeza

2. Os taboleiros de madeira seguen a ser un PERIGO

3. Segue sen valarse parte do camiño polo que o perigo de caída de metros para unha persoa continúa

4. Apareceron novos escombros (agora vermellos para darlle unha toque de cor) sen que ninguén lle poña remedio

E así como queremos Narón? Desde a Asemblea do BNG pedimos solucións

Situación unha semana despois da denuncia
comentarios