Portadas

O BNG de Narón denuncia a contaminación da ría, a situación do patrimonio e insta ás administracións a poñer solucións

O BNG de Narón realizou unha acción en diferentes zonas do Concello de Narón que contou coa participación de ADEGA e onde decenas de persoas colocáronse en grupos para poder limpar a beira da ría ao seu paso polo concello e denunciar o estado de abandono do patrimonio nunha zona que conta co camiño de Santiago e o de San André de Teixido. Contaron tamén coa presenza do deputado Mon Fernández que realizou a ruta de sendeirismo dos muíños co concelleiro Geno Carballeira e a portavz municipal, Olaia Ledo comprobando in situ as diferenzas. Remataron poñendo o foco na situación de ruina do muíño das Aceas que foi o muíño meirande da península de mareas destinadas para a moenda e que debería estar protexido como en múltiples ocasións prometeron as diferentes administracións. Paremos o desleixo, protexamos a nosa costa e os nosos sinais de identidade.
O BNG de Narón denuncia a contaminación da ría, a situación do patrimonio e insta ás administracións a poñer solucións
comentarios