PORTADAS

Mitin en Narón nas Galegas 2020

Ana Pontón proclama en Narón que o BNG será o catalizador do cambio real capaz de abrir un tempo novo en Galiza cunha muller presidenta

Apela a unha mobilización masiva da man de todas as persoas que queren deixar atrás a “desfeita” de once anos de PP: “Ou cambio galego, ou inmobilismo”

Frear o peche de empresas cun plan de reindustrialización, entre as prioridades , investir en I+D, coidar o medio natural, traballar polos nosos sectores produtivos, un plan de emprego xuvenil son parte dos avances dun programa que aposta por #UnhaNovaGaliza con futuro. 

Ana Pontón, acompañada do deputado Mini Rivas, as persoas candidatas da comarca Xiana González e Mon Fernández, e a voceira municiapl de Narón, Olaia Ledo falaron nun acto no auditorio municiapal ante 190 persoas (o permitido en aforo para manter a seguridade e medidas sanitarias)

Un acto onde a ilusión por abrir un tempo novo ficou patente e onde os poñentes interpelaron a facer historia o 12 de Xullo, cunha muller nacionalista na presidencia da Xunta.

 

Mitin en Narón nas Galegas 2020
comentarios