NOVAS

Álbum da presentación de Olaia como candidata, coa presenza de Ana Pontón

Un salón abarrotado no centro social da Solaina e con ducias de persoas nos corredoiros que quedaron fora pero ficaron a escoitar atentas o que o BNG quería ofrecer. Seguimos a reunirnos nas parroquias, a facer encontros. Grazas polo apoio, os folgos e os azos. Alí estivemos Genito, Lidia, Karina, Rial, Manu, Teri, Montse, Marcos, Eva, Milocho, Elena, José, Miguel, Dopico, Paco... xente BNG que estamos dispostos a escoitar e a transmitir a mensaxe de futuro que traballamos desde o BNG de Narón. Presentamos á nosa candidata, Olaia Ledo, de maneira oficial e seguimos cada día para conquistar o futuro de benestar que merecemos en Narón.

Álbum da presentación de Olaia como candidata, coa presenza de Ana Pontón
comentarios